← Volver atrás

Amaro López, Alfredo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Matanzas
(Cuba)
- 01/01/1920 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Tiña 16 anos. Fillo de Maximino Amaro, do que era orfo desde 1937, e de María-Teresa López Ayán, encarcerada. Veciño de Repil, San Xoán de Chavaga, Monforte de Lemos (Lugo). Irmán de Ofelia Amaro López e Libertad Amaro López, tamén encarceradas. Curmán, polo seu pai, de Álvaro Amaro López e de Eugenio Amaro López, igualmente encarcerados.

Encarcerado.

Como os da familia veciña, os López Casanova, na súa casa de Repil acubillaron en varias ocasións, desde setembro de 1947, a varios membros da guerrilla antifranquista.

Prendérono os fascistas no desenvolvemento da coñecida como batalla do Piricallo e Repil, en Chavaga, do día 20/04/1949, entre guerrilleiros agochados nestas casas e un numeroso grupo de forzas da Garda Civil.

A redada contou coa colaboración dun infiltrado da Garda Civil na guerrilla, Jesús Costoya López, Senén, que foi quen deu o aviso da presenza de fuxidos na zona de Chavaga.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de “auxilio a malhechores”, na causa 318/49, co resultado de sentenza a catro anos de prisión menor segundo resolución do día 15/08/1949.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha