Nacemento:
Morte:
Tiña 13 anos. Filla de Maximino Amaro, do que era orfa desde 1937, e de María-Teresa López Ayán, encarcerada. Veciña de Repil, San Xoán de Chavaga, Monforte de Lemos (Lugo). Irmá de Alfredo Amaro López e Libertad Amaro López, tamén encarcerados. Curmá, polo seu pai, de Álvaro Amaro López e Eugenio Amaro López, igualmente encarcerados.
Encarcerada.
Como os da familia veciña, os López Casanova, na súa casa de Repil acubillaron en varias ocasións, desde setembro de 1947, a varios membros da guerrilla.
Prendérona polos feitos da coñecida como batalla do Piricallo e Repil, en Chavaga, o día 20/04/1949, entre guerrilleiros agochados nestas casas e un numeroso grupo de forzas da Garda Civil.
A redada contou coa colaboración dun infiltrado da Garda Civil na guerrilla, Jesús Costoya López, Senén, que foi quen deu o aviso da presenza de fuxidos na zona de Chavaga.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de “auxilio a malhechores”, na causa 318/49, co resultado de sentenza a tres anos de prisión menor segundo resolución do día 15/08/1949.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.