← Volver atrás

Anta Espino, Adolfo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Bascois, San Vicenzo de Carballeda, Carballeda de Valdeorras
(Ourense)
- 14/09/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Carballeda de Valdeorras
- 26/04/1991 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Comerciante, xornalista e político, 30 anos. Casado con Asunción Blanco Prieres; tiveron un fillo e unha filla: Luis e Blanca. En segundas nupcias casou, en xuño de 1944, con Amelia Arias Paniagua; tiveron unha filla: Remedios. Veciños de Santa María de Sobradelo, Carballeda de Valdeorras. De mozo emigrou a Cuba e volveu á súa terra, de xeito definitivo, en 1934.

En Cuba colaborou con varios xornais: Diario de la Marina, El Diario Español, Ideal Gallego, La Tierruca e La Montaña.

Militou en Esquerda Republicana (ER) e foi presidente do Comité Municipal de ER en Carballeda. Alcalde da súa localidade despois do triunfo da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936.

Encarcerado.

Nun primeiro momento colaborou cos sublevados; os franquistas detivérono, en xaneiro de 1937, por ofrecerse a colaborar coas armas cos republicanos.

Xulgado en consello de guerra en Ourense o día 12/03/1937 polo delito de rebelión militar, na causa 96/37, co resultado de sentenza a cadea perpetua segundo resolución do 12/03/1937.

No ano 1938 conmutáronlle a pena en Ourense pola de 15 anos de reclusión e, logo, pola de seis anos.

Interno na Prisión Provincial de Ourense.

Ingresado no penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra) o día 14/07/1937.

Concédeselle a liberdade condicional o 28/04/1941 e a liberdade o 28/01/1943.

Abríronlle un expediente por responsabilidades políticas, no ano 1942, que sobreseron no ano 1943 por carecer de bens superiores ás 25.000 pesetas.

Finou no Hospital de Valdeorras.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha