← Volver atrás

Antón Ortiz, Neoterio

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

Mota del Marqués
(Valladolid)
- 08/09/1897 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido
- 01/01/1992 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre, xornalista e político, 38 anos. Casou en xuño de 1929 con Maruja López. Veciños de Viana do Bolo (Ourense). No ano 1935 nomeárono mestre nacional de Santa María de Mourisca, Viana do Bolo.

De mozo militou nas dereitistas Xuventudes Mauristas.

Colaborou cos xornais Heraldo de Zamora, La Provincia, El Pueblo Gallego, Galicia e Vida Gallega.

Represor.

Logo da sublevación militar presentouse, o día 21 de xullo, diante dos golpista e falanxistas en Ourense e volveu a Viana do Bolo para organizar as Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (XONS) coa fin de colaborar coa Garda Civil e cos militares nas tarefas de "limpeza, pacificación e control".

En xaneiro de 1937 partiu para a fronte de guerra coa Bandeira de Falanxe ourensá; permaneceu en primeira liña de combate durante once meses.

Como secretario local dos falanxistas e xefe local accidental cometeu varias irregularidades e abríronlle un expediente na Falanxe.

Alcalde de Viana do Bolo en 1950, deputado provincial e xefe local do Movimiento ata 1957.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha