← Volver atrás

Antúnez Vázquez, Luis

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

O Grove
(Pontevedra)
- 01/01/1918 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Serrador, 18 anos. Solteiro. Veciño de Meloxo, San Martiño do Grove, O Grove. Irmán de José Antúnez Vázquez, encarcerado.

Encarcerado.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua segundo resolución do 04/05/1937.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Trasladado ao penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra), onde ingresa o 17/10/1937. Participou no intento de fuga masiva do día 22/05/1938 e capturárono forzas militares o día 23 en Juslapeña.

Conmutáronlle a pena en Pontevedra.

O día 19/11/1942 trasladárono á prisión de Astorga (León).

Interno na Prisión Central de Santa Isabel, Santiago de Compostela (A Coruña) desde o 25/12/1942; concédeselle a liberdade condicional o día 26/07/1943.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono en 1960.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha