Nacemento:
Morte:
Obreira, sindicalista e política, 31 anos. Casada en 1920 na Habana co mariñeiro Sebastián Carcaño Leiro, encarcerado e exiliado; tiveron dúas fillas e un fillo. Cando tiña dous anos, en 1906, emigrou coa súa familia a Cuba. En 1927 volveu con dous fillos para España e pouco despois volveu o seu home. Traballou nunha fábrica de conservas de anchoa en Vigo (Pontevedra).
Encabezou o Sindicato de Conserveiras (cunhas 25.000 persoas afiliadas). Militante do PCE.
Encarcerada. Exiliada.
Cando se produce o golpe militar a parella loita na resistencia viguesa fronte aos rebeldes; escapa e vive na clandestinidade co seu home, colaborando coa guerrilla antifranquista, organizando os fuxidos da zona de Redondela (Pontevedra) e actuando de enlace; participa en accións de sabotaxe e emboscadas.
Detida no ano 1943 coa súa filla Dora Carcaño Araujo (nada en 1935), pasa máis dun ano na cadea en Vigo.
Grazas ás xestións do cónsul de Cuba en Vigo, Luis Bas Molina, liberárona en agosto de 1944 e consegue saír de España coa identidade da súa irmá Emilia. Regresou a Cuba no Marqués de Comillas coas dúas fillas; o seu home e o seu fillo xa se exiliaran antes no país caribeño.
En Cuba loitou desde 1953 contra o ditador Fulgencio Batista e a súa labor de apoio aos guerrilleiros castristas carrexoulle varios recoñecementos do novo réxime cubano.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.