← Volver atrás

Ares Díaz, Enrique

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1917 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 23/11/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 19 anos. Veciño da Coruña. Cabo de Intendencia con destino na Coruña.

Executado.

Prendérono os fascistas baixo a acusación de ter participado nunha tentativa de sublevar os cuarteis coruñeses en novembro de 1936 e encarcerárono na Prisión Provincial da Coruña.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de traizón co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilado na Coruña.

Neste lugar e data fusilaron: os cabos de Intendencia Enrique Ares Díaz, 19 anos; Mariano Bodelón Rodríguez, 21 anos, e Manuel Regueira Ruiz, 21 anos; o soldado de Infantería Alfonso Philippot Botana, 23 anos e o obreiro metalúrxico Eloy Lemus Suárez, 21 anos.

Soterrárono o día 23 de novembro nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Mariano Bodelón Rodríguez, Alfonso Philippot Botana e Manuel Regueira Ruiz.

Procesárono por responsabilidades políticas na Coruña e indultárono en 1943.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha