Nacemento:
Morte:
Labrego e político, 41 anos. Solteiro. Veciño de Santa Coloma de Córgomo, Vilamartín de Valdeorras.
Militante do Partido Galeguista (PG), do que asumiu a presidencia local en Córgomo; foi tenente de alcalde do Concello de Vilamartín de Valdeorras na corporación do ano 1936.
Fuxido. Executado.
Despois do golpe de Estado participou na resistencia aos sublevados no seu pobo, con enfrontamentos armados contra os golpistas o día 21 de xullo.
Logo agochouse no monte e fose cara o Principado de Asturias con outros compañeiros. Combateu como miliciano no 219º Batallón Galicia, 6ª Brigada Mixta, 2ª División do III Corpo de Exército de Asturias na Fronte Norte, onde acada o grao de tenente.
Despois da caída da Fronte Norte regresou a Valdeorras en novembro de 1937 e organizou un grupo guerrilleiro de sete ou oito homes, o Grupo do Córgomo, que tivo actividade nas terras de Valdeorras de finais de 1937 a finais de 1939 .
Durante tres anos liderou con Elías López Delgado unha formación guerrilleira ata que os prenderon en Ourense no verán de 1939.
Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de rebelión militar, na causa 796/39, co resultado de sentenza á pena de morte.
Fusilado en Ourense con Elías López Delgado.
Morte rexistrada por ferida de arma de fogo.
Procesárono por responsabilidades políticas e indultárono.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.