← Volver atrás

Armesto Saco, Pedro

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

San Xoán de Salcedo, A Pobra do Brollón
(Lugo)
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lugo
- 01/01/1988 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro, 24 anos. En 1935 estaba en Cádiz onde embarcou nun barco da Compañía Ybarra.

Exiliado.

Tripulante do barco mercante Cabo San Agustín, que se adicaba a transportar material de guerra e víveres desde Odesa, no Mar Negro, á zona republicana.

Cando a navegación se volveu perigosa no Mediterráneo, a finais de 1938 o Cabo San Agustín (con 107 tripulantes) e outros buques amarraron nos portos rusos; os seus tripulantes quedaron tamén en Feodosia, na península de Crimea.

Pouco a pouco algúns saíron cara outros países; aos que quedaron, desde xaneiro de 1940, comezaron a procesalos por "actividades antisoviéticas" cando comezaron a tramitar permisos de saída nas diferentes embaixadas; acabaron presos en gulags (campos de concentración rusos) e facendo traballos forzados. Pedro estivo na cadea durante 17 anos, pasou por Norilsk, Karagandá e Borovichi. Nos campos casou con Sonja Sagalowitsch e tiveron un fillo: Pedro.

Pedro Armesto volve expatriado a España no ano 1954, no Semíramis, volveu casar en Lugo cunha galega e tivo outro fillo, tamén Pedro.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha