Nacemento:
Morte:
Veterinario e político, 42 anos. Casado con Mercedes Fernández Poy (+1951); tiñan tres fillos e unha filla: Ricardo, Antonio, Ovidio e Mercedes. Veciños de Becerreá. Aprobou a oposición de inspectores hixienistas de matadoiros industriais en 1931. Veterinario de Becerreá e inspector de hixiene e sanidade pecuaria das Nogais (Lugo). Veterinario interino de Lugo desde o 20/04/1936.
En 1936 era presidente do Comité Local de Esquerda Republicana (ER) en Becerreá.
Fuxido. Depurado. Encarcerado. Sancionado.
Cando se produce o golpe dos militares rebeldes foxe e ocultouse en varias casas por toda a provincia de Lugo.
En en febreiro de 1937 separárono do seu cargo.
Prendérono os franquistas o 18/11/1937 e ingresárono na Prisión Provincial de Lugo.
Impónselle unha multa gobernativa de 250 pesetas para que se decretara a súa liberdade. Pagouna.
Puxérono en liberdade o día 20/12/1937.
Procesárono por responsabilidades políticas no expediente 4/37.
Confinado en Monterroso (Lugo), por tres meses, en xullo de 1943 por facer campaña contra o Réxime.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.