Nacemento:
Morte:
Militar e avogado, 38 anos. En 1923 casou con María-Josefa Paz Losada; tiveron dous fillos e catro fillas: Juan-Manuel, María-Cruz, José-María, María-Dolores, Margarita e María-Josefa. Ingresou na Academia de Infantería de Toledo con 14 anos. Participou nas campañas de África e en 1927 era o xefe de Estado Maior do xeneral Emilio Mola Vidal. Retirado do Exército por mor da Lei Azaña. Durante a II República licenciouse en Dereito, exercendo como profesor mercantil e como directivo na Caixa de Aforros.
A finais de 1931 asinou o manifesto fundacional da Coalición Rexional de Dereitas Democráticas (CRDD). Delegado rexional de Acción Católica (AC) en Galicia e propagandista agrario, chegando a ser o secretario da Federación Católica Agraria da Coruña.
A partires de 1933 colaborou na revista Acción Española.
Golpista. Morte en combate.
Despois do triunfo dos sublevados na Coruña, organizou e mandou a Bandeira Lexionaria Galega cando era comandante do Estado Maior; saen o 28 de agosto da Coruña cara a fronte asturiana. Nesta Bandeira estaría, entre outras persoas, Enrique Sáez Alfeirán. Este grupo disolveuse en novembro e, en decembro, incorporouse ao cuartel xeral do Exército do Norte, ás ordes de Emilio Mola Vidal e con destino na fronte de Bilbao.
Morreu no cerco de Teruel; algunhas testemuñas indican que os tiros procedían das súas propias filas.
Soterrárono na Coruña.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.