Nacemento:
Morte:
Médico, 28 anos. Veciño de Oviedo (Principado de Asturias). Irmán de José-María-Armando Barreiro Curtada, tamén exiliado. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (USC), licenciándose no ano 1930. Médico cirurxián. Exerceu como médico en Oviedo de 1931 a 1936.
No ano 1927 pertencía á Agrupación Socialista (AS) de Santiago de Compostela, da que era presidente no ano 1928. Membro do Sindicato da Sanidade, da UXT, desde 1929.
Condenado á pena de morte por mor da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 e conmutada pola de cadea perpetua, que cumpre no penal de San Cristóbal, Pamplona (Navarra). Amnistiado despois do triunfo da Fronte Popular (FP) no ano 1936.
Exiliado.
Durante a guerra civil foi comandante de Infantería no 19º Batallón Asturias e maior médico do 219º Batallón Galicia, 6ª Brigada Mixta, 2ª División do III Corpo de Exército de Asturias. Inspector de Sanidade do Instituto Nacional de Previsión (INP).
Despois da caída da fronte asturiana en outubro de 1937, pasou a Cataluña.
Rematada a guerra civil exíliase en Francia e despois en México, onde chega no barco Volendam en agosto de 1939 e co apoio da Xunta de Auxilio aos Republicanos Españois (XARE).
En Tijuana e Ciudad Juárez traballou como médico especialista en enfermidades cardíacas e pulmonares.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.