Nacemento:
Morte:
Poeta, xornalista e político, 19 anos. A un irmán mobilizárono os rebeldes e, despois, pasouse ao bando leal.
Executado.
Despois do golpe de Estado agochouse nun muíño na parroquia de Santa María de Armenteira, Meis (Pontevedra). Aos seus pais torturáronos para que descubriran o seu paradoiro; ao pai rompéronlle as pernas dunha malleira no cuartel da Garda Civil; á súa nai violárona, cegárona con ácido e rapáronlle o pelo; por mor destas torturas morreu pouco despois.
A Ramón delatouno un cuñado do seu pai; detivérono e asasinárono con Castor Cordal Garrido os falanxistas, que dirixía Manuel García Sampayo. Os dous finaron asasinados nun eucaliptal da Portela, a carón da estrada Pontevedra-Vilagarcía de Arousa. Despois os asasinos levaron os corpos atados a unha escada e soterráronos detrás do adro da igrexa de Santa María de Curro, Barro (Pontevedra). Antes de soterrar a Castor cortáronlle un dedo para facerse cun anel de ouro.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.