← Volver atrás

Barreiro Taboada, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Encarcerado.

Nacemento:

A Coruña
(A Coruña)
- 01/01/1882 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Empregado, 54 anos. Veciño da rúa da Franxa, 47, na Coruña. Semella que era enfermeiro no Hospital San José, na Coruña.

Depurado. Encarcerado.

Os franquistas despedírono do seu posto de traballo, o día 28/11/1936, porque "segundo informes particulares tiene hecho manifestaciones en el Hospitalillo en sentido favorable al Frente Popular".

Acusárono de "Extremista, coaccionador, blasfemo, antirreligioso, conversaciones de odio y de venganza".

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión, na causa 566/38, co resultado de sentenza á pena de morte.

Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas da Coruña pola de cadea perpetua.

Interno na Prisión Provincial da Coruña, puxérono en liberdade condicional provisoria o 03/04/1943, que se publicou no BOE nº 106 do día 16/04/1943.

Indultárono en maio de 1946.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941.

No ano 1948 pediu a revisión da súa depuración, que semella desestimaron.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha