Nacemento:
Morte:
Avogado criminalista e político, 41 anos. Casado con Carmen Doval, farmacéutica; teñen cinco fillas e un fillo. Veciños da rúa Alberto Aguilera, en Madrid. Exercía a avogacía na capital de España desde 1917. Un dos avogados máis celebrados do seu tempo, coñecido en toda España.
Concelleiro de Madrid en 1931 polo Partido Republicano Radical Demócrata (PRRD). Integrado despois en Unión Republicana (UR). Deputado nas Cortes por Melilla dentro da coalición da Fronte Popular (FP) en 1936.
Paseado.
Estaba de vacacións en Santa Mariña de Esteiro, Muros (A Coruña) cando se produce o golpe dos sublevados e refúxiase na casa da familia da súa muller. Ás 15:00 h do día 21 de agosto sacárono os falanxistas desta casa na que se acubillaba coa desculpa de facer unha declaración; ás 18:00 h xa era cadáver.
Morte rexistrada en Outes a causa de hemorraxia por ferida de arma de fogo.
O seu cadáver apareceu nunha cuneta en Sabardes con varios tiros no peito e na testa, na estrada Outes-Noia.
Abriuse un procedemento para esclarecer estes feitos, que rematou sobresido e sen acusados.
Procesárono por responsabilidades políticas en Melilla e en Madrid.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.