← Volver atrás

Bastilleiros Rey, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

Caldas de Reis
(Pontevedra)
- 03/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Paseado.

Cabo interino no Rexemento de Artillería nº 16 da Coruña, de onde pasou ao Rexemento de Infantería Pelayo de Oviedo (Principado de Asturias) do que desertou. O día 03/08/1936 alístase no Batallón de Voluntarios de Pontevedra. Volveu desertar e detívoo a Garda Civil na Pobra do Caramiñal (A Coruña) o día 26/08/1936 con galóns de sarxento.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de deserción, na causa 881/36.

Retido en Pontevedra, o día 03/09/1936 o gobernador civil ordenou o seu traslado ao cárcere de Caldas de Reis. No traslado de cadea, ese mesmo día 3 de setembro, asasinárono no quilómetro 42 da estrada Pontevedra-Caldas de Reis, manifestando os gardas civís que o custodiaban que tentara fuxir, polo que lle aplicaron a Lei de Fugas. Os custodios eran o cabo Jesús Barja e o número Evaristo Cid.

Morte rexistrada no cemiterio de San Tomé, Caldas de Reis, a causa de fractura da base do cranio.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha