← Volver atrás

Bello Pouso, José-María

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

Rupiallo, Santa María de San Sadurniño, San Sadurniño
(A Coruña)
- 01/01/1918 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Forte de San Cristóbal, Pamplona
(Navarra)
- 09/06/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego, 18 anos. Solteiro. Veciño da rúa Alegre, 14-2º, en Ferrol (A Coruña). Corneta do Rexemento de Artillería de Costa nº 2, en Montefaro, Ferrol.

Fuxido. Encarcerado. Morte na cadea.

Andou fuxido pola zona de San Sadurniño despois do alzamento militar.

O 9 de agosto unha patrulla de falanxistas de Viveiro (Lugo), as ordes do tenente Manuel Vaamonde, saíu na procura de dous artilleiros fuxidos, Bello, que escapou, e Juan-Antonio Ardao Seijido, que faleceu. Os dous desertaran e tentaban unirse ás forzas republicanas no Principado de Asturias. Atopáronos no regato de Cordido, Santo Estevo de Moucide, O Valadouro (Lugo).

Prendeuno a Garda Civil en Miño (A Coruña) en outubro de 1936. Manifestou que se dirixía á Coruña para alistarse na Lexión.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol o día 17/12/1936 polo delito de traizón, na causa 422/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Ingresado no penal do Forte de San Cristóbal o día 19/12/1936. Morte rexistrada ás 09:00 h neste penal a causa da fame que pasou e dunha tuberculose pulmonar.

Soterrárono no cemiterio de Berrioplano (Navarra).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha