← Volver atrás

Berjano Gómez, Adolfo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

San Benito de Veiga, San Martiño de Sabadelle, O Pereiro de Aguiar
(Ourense)
- 25/03/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Zapateiro, 24 anos. Casado. Veciño do Pereiro de Aguiar.

Membro da UXT e das Xuventudes Socialistas (XXSS) da súa localidade.

Encarcerado.

No mes de outubro de 1936 incorporárono ao exército franquista, destinárono á 6ª Compañía do 7º Batallón do Rexemento de Infantería Zaragoza nº 30 en Lugo, da 15ª Brigada da VIII División Orgánica e enviárono á fronte asturiana.

O día 17/03/1937 evádese en Oviedo (Principado de Asturias) ao Exército Popular republicano, onde pasou polo 253º Batallón e polo 2º Batallón da 197ª Brigada do Corpo de Carabineiros. Pertenceu á Agrupación Confederal Galaica.

Ao caer a Fronte Norte detivérono os fascistas o día 22/10/1937.

Xulgado en consello de guerra no Principado de Asturias, o día 28/01/1939, co resultado de sentenza á pena de morte.

Pena conmutada na comisión de Oviedo pola de cadea perpetua o 15/08/1939 e rebaixada a 14 anos en xuño de 1943.

Interno na Prisión Central de Burgos, puxérono en liberdade condicional provisoria por orde do 11/11/1943 e que se publicou no BOE nº 351 do día 17/12/1943.

Procesárono por responsabilidades políticas na Coruña e indultárono no ano 1958.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha