Nacemento:
Morte:
Profesor e político, 28 anos. Casado con Isabel Villarino del Riego; tiveron dous fillos: José e Carlos. Veciños de Lugo. Funcionario da Delegación de Traballo en Lugo. En 1936 era profesor de Mercantil, de Caligrafía e de Debuxo no Instituto Feminino de Lugo. Contador do Colexio Pericial Mercantil en 1932.
Secretario en 1932 das Xuventudes Socialistas (XXSS) e vicesecretario nese ano da Federación Provincial de Traballadores en Lugo, da UXT. Membro da Agrupación Socialista (AS) de Lugo. Secretario de actas das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU) no ano 1936.
Fuxido. Exiliado. Sancionado.
Cando se produce o golpe de Estado foxe e ocultouse en casas de familiares e amigos en Lugo; despois agachouse nos montes do concello de Barreiros (Lugo). A súa vida corría moito perigo, era un home sinalado.
Ao remata da guerra civil embarcou cara Cuba vestido de crego e con identidade falsa; alí adicouse ás actividades comerciais, adquiriu a nacionalidade cubana e permaneceu ata o ano 1958.
Xulgado polo Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas, sancionárono en ausencia.
Regresou a Galicia no ano 1958; tentárao xa no ano 1949, con toda a familia, pero non foi quen de amañar os permisos de estancia.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.