← Volver atrás

Braña Sánchez, Ramón

Alcume: o Xequis
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

A Pontenova
(Lugo)
- 01/01/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mineiro, 37 anos. Casado. Veciño da Pontenova.

Encarcerado.

Ramón era o enlace máis destacado do grupo de fuxidos da Pontenova (Lugo), que dirixía Generoso Rico Rodríguez.

En xaneiro de 1940 Ramón Braña asasinou a Generoso Rico por manter unha relación extra-matrimonial coa súa dona. A Rico Rodríguez soterrárono ilegalmente e a Garda Civil atopou o seu cadáver en xuño do ano 1940. A Ramón non o condenaron por este homicidio.

Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 06/06/1940.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de auxilio a bandoleiros co resultado de sentenza a 20 anos de prisión.

Trasladado ao cárcere de Oviedo (Principado de Asturias) o día 01/03/1941.

Destinárono tamén ao Destacamento Penal das Minas do Moro, Fabero (León); publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 285 do día 12/10/1943.

Procesárono por responsabilidades políticas e indultárono no ano 1943.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha