← Volver atrás

Búa Rivas, Benito

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

Caldas de Reis
(Pontevedra)
- 06/01/1917 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Puebla de Zaragoza
(México)
- 01/01/1974 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico e político, 19 anos. Veciño de Pontevedra. Fillo de Antonio Búa Carou, médico (+1923). Estudou catro anos de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e deixouno cando comezou a guerra civil. Pasante médico nunha clínica en Pontevedra en 1936.

Membro da Agrupación Socialista (AS) de Santiago de Compostela (A Coruña).

Exiliado. Encarcerado.

Cando se produce o movemento golpista mobilizárono os franquistas e evádese, o día 02/08/1937, cara á zona republicana na fronte de Brunete (Madrid) con Gerardo Paseiro Carril e Ramón-Amadeo Figueroa Vilachá. Destinárono á Sanidade Militar na 218ª Brigada Mixta, 68ª División do XX Corpo de Exército do Exército de Levante e, tempo andado, ao equipo cirúrxico do X Corpo de Exército do Exército do Este, acadando o grao de tenente. Pasou por varias frontes de guerra (Teruel, Segre, Pireneos) e ferírono en combate.

Marchou cara Francia o día 07/02/1939 e ingresárono nos campos de concentración de Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia) e Le Barcarès (Pireneos Orientais, Occitania, Francia).

O día 12/06/1939 embarca no Ipanema cara México e chegou a Veracruz o día 07/07/1939.

Trasladouse a Puebla (México) onde rematou os seus estudos de Medicina no ano 1956.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha