Nacemento:
Morte:
Mestre e político, 37 anos. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra, rematando no ano 1920. Mestre interino en San Pedro de Orazo, A Estrada (Pontevedra) en 1923, e, despois, no pósito de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). En 1926 aprobou as oposicións e destinárono a San Lourenzo de Vilarxoán, Sarria (Lugo), a San Pedro de Angoares, Ponteareas (Pontevedra) en 1928 e, desde 1930, era mestre nacional do pósito de Moaña (Pontevedra).
En xuño do ano 1932 ingresou na Asociación de Traballadores da Ensinanza de Vigo (ATEV). Militou no Partido Galeguista (PG). Socio fundador da Casa do Mestre de Pontevedra en 1934.
Fuxido. Depurado. Sancionado.
Cando se produce o golpe militar foxe de Moaña as agachadas para non comprometer a súa vida.
Ábreselle un expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo durante un ano.
Detido pola Garda Civil en decembro de 1936, en Santiago de Arcade, Soutomaior (Pontevedra) por ter unha pistola.
Unha vez que se resolve o seu expediente de depuración, en novembro de 1937, repuxérono no seu posto pero con perda dos haberes de seis meses e o traslado dentro da provincia; enviárono ao pósito do Grove.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.