← Volver atrás

Callón Loureiro, Manuel-Celso

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Vilanova de Arousa
(Pontevedra)
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra)
- 22/07/1985 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Libreiro e político, 24 anos. Veciño de Vilaxoán, San Martiño de Fóra de Sobrán, Vilagarcía de Arousa.

Presidente de Xuventude de Esquerda Republicana (ER).

Fuxido. Encarcerado.

Foxe despois do alzamento militar, onde fora enlace entre Vilagarcía de Arousa e a Illa de Arousa. Logo estivo en agochos, rexistraron a súa casa na sospeita de que permanecía entobado e chegaron a prenderlle lume. Entregouse aos franquistas no ano 1938.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña), o día 02/06/1939, polo delito de deserción co resultado de sentenza a seis anos de prisión militar menor.

Interno na Prisión Provincial da Coruña, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 220 do día 07/08/1940.

Casou en 1943 en Vilagarcía de Arousa con María de la Encarnación Recuna Otero; tiveron un fillo e unha filla: Celso e Encarnación.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha