← Volver atrás

Calviño Ozores, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

Lalín
(Pontevedra)
- 31/12/1895 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 24/10/1987 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Enxeñeiro industrial e político, 40 anos. Veciño de Madrid. Estudou Enxeñería Industrial en Madrid e Bélxica. Xefe de negociado no Ministerio de Facenda.

Militante da Agrupación Socialista (AS) de Madrid. Membro do Comité Nacional de Auto-transportes na representación do Ministerio de Facenda.

Exiliado.

Durante a guerra civil encargouse desde París da xestión da compra de armas para a República como xefe de negociado de Facenda.

Director da sociedade española Campsa-Gentibus, encargouse de enviar barcos a Alacante para rescatar aos republicanos.

Durante a invasión alemá de Francia arrestouno a Gestapo (policía secreta nazi) e negociou con axentes franquistas a entrega dos fondos republicanos en distintos países para evitar a extradición. Puxérono en liberdade o día 23/12/1940.

Despois da II Guerra Mundial destacou como empresario metalúrxico e do transporte marítimo en Francia. Tamén foi marchante de arte.

Axudou e participou na creación do Partido Socialista Galego (PSGa).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha