Nacemento:
Morte:
Músico, compositor e mineiro, 36 anos. Casado. Veciños de Viveiro (Lugo). Director das bandas de Cuntis (Pontevedra), de Ordes (A Coruña) en 1932 e de Viveiro en 1933. No ano 1935 aproba as oposicións de profesor na Escola de Música de Viveiro. Director da Banda de Música de Viveiro.
Militante do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS), polo que se presentou como candidato a concelleiro no ano 1931.
Encarcerado. Sancionado.
Despois do movemento golpista organizou en Viveiro unha Comisión de Axuda aos Presos que axiña disolveron as autoridades militares rebeldes.
Sofre detencións, malleiras e sancións laborais e económicas. Preso gobernativo dos franquistas.
Ingresado no depósito de Viveiro o día 27/07/1936 e trasladado á Prisión Provincial de Lugo e, máis tarde, ao cárcere de Monforte de Lemos (Lugo).
Puxérono en liberdade o día 18/03/1938.
No ano 1941 sancionárono cunha multa de 250 pesetas.
Volveu a dirixir a banda de Cuntis, Monterroso (Lugo) e Padrón (A Coruña) en 1948, pero as continuas presións e os medos levárano a un intento de suicidio. Non o conseguiu pero, xa ingresado no Hospital Provincial de Pontevedra, aforcouse.
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1960.
O seu segundo apelido aparece nalgunhas fontes como Carreras.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.