Nacemento:
Morte:
Mariñeiro, político, sindicalista e comerciante, 29 anos. Casado con Luzdivina Leis Rey; tiñan dous fillos. Veciños da rúa Tras Praia de Camariñas. Eran donos dun ultramarinos en Camariñas.
Elixido vicesecretario da Confraría de Pescadores de Camariñas en 1931. Presidente do Sindicato de Oficios Varios da mesma localidade desde 1932, afecto á CNT. Concelleiro en 1931 pola Federación Republicana Gallega (FRG). Fundador do pósito de pescadores en 1931.
En setembro de 1933 prendérono e acusárono de desobediencia.
Tiña como compañeiro na corporación de 1931 a Oriente Oreiro Juani, sancionado.
Correspondente de Solidaridad.
Fuxido. Executado. Sancionado.
Logo da sublevación de 1936 formou parte do Comité de Defensa da República. Advertido polo seu compadre, o cabo comandante do posto da Garda Civil do perigo que corre a súa vida, foxe aos montes do Cabo Vilán uns meses e, en outubro de 1937, escapa por mar nunha dorna de vela cara Luarca (Principado de Asturias). Detivérono nesta localidade asturiana, que acababa de caer nas mans rebeldes, e asasinárono os falanxistas; metérono nun tonel cheo de auga e cabeza abaixo, logo metrallárono.
Soterrárono nunha fosa común en Luarca e os restos trasladáronos, anos despois, ao Val dos Caídos.
Procesado con posterioridade polo Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas, castigárono o día 21 de xuño de 1941 a cinco anos de inhabilitación especial para o desempeño de cargos ou empregos públicos de mando, confianza e directivos do Estado, da provincia e do municipio e multa de 150 pesetas. Indultárono no ano 1941.
A súa viúva veuse obrigada a vivir de donativos e esmolas.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.