← Volver atrás

Canel González, Daniel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

San Xillao de Lobios, Sober
(Lugo)
- 01/01/1892 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Forte de San Cristóbal, Pamplona
(Navarra)
- 13/09/1940 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xornaleiro e labrego, 44 anos. Solteiro. Veciño de San Xillao de Lobios.

Encarcerado. Morte na cadea.

Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 20/07/1936.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 784/36, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 17/09/1936. Procesaron neste acto a veciños de Láncara, Monforte de Lemos, Sarria e Sober, todas na provincia de Lugo.

Neste xuízo as autoridades franquistas condenaron á pena de morte a: Juan-Manuel Domínguez López, Manuel-Benigno Lago Díaz, Gerardo López Castaño, Ricardo López López, Ricardo López Somoza e José Pombo Aguirre. Castigaron a cadea perpetua a: Juan Armesto Álvarez, Daniel Canel González, Claudio Garrido Lago, José López Arias, Eloy López Cano, Rogelio López Cao, Avelino López Pérez, Francisco López Vila, Emilio Marcos Díaz, José Nodar Pena, José Quiroga Pérez, Matías Rodríguez Varela, Antonio Sánchez Canalejo, Juan Santín Sánchez e Daniel Seijo López. Tamén castigaron a 20 anos de prisión a Luis Pérez Alonso.

Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas de Lugo pola de cadea perpetua.

Trasladado ao penal do Forte de San Cristóbal, onde ingresa o día 31/12/1936 e onde se rexistra a súa morte por mor dun colapso cardíaco.

Soterrárono en Berrioplano (Navarra).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha