← Volver atrás

Canitrot Alonso, Andrés-Antonio

Alcume: o Mestre Canitrot
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Sancionado

Nacemento:

San Pedro de Bordóns, Sanxenxo
(Pontevedra)
- 23/02/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pontevedra
- 27/05/1987 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre, 30 anos. Casou na Estrada (Pontevedra) con Isaura Andión Vilaboa o día 04/09/1937; tiveron dúas fillas e dous fillos: Isaura, Antonio (+1949), José-Miguel e María-Cruz. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. Desde o día 01/10/1934 era mestre nacional da escola mixta da Virxe de Guadalupe da Grela, San Xurxo de Codeseda, Sanxenxo.

Membro de Federación de Traballadores da Ensinanza, da UXT (FETE-UXT).

Depurado. Sancionado.

Ábreselle un expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo durante tres meses, o día 30/08/1936, e inhabilitárono para o desenvolvemento de cargos directivos e de confianza. Volve á escola da Grela o día 07/12/1936.

No ano 1940 un novo expediente implica que o cesen na Grela o 06/11/1940 e trasladárono a San Roque de Mourentán, Arbo (Pontevedra); volveu á Grela o día 14/01/1942 pero inhabilitado para cargos directivos.

Por mor doutro expediente tivo que cesar en 1952, reingresando de 1954 a 1958; ano este último en que solicita o traslado para a escola de Marcón (Pontevedra).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha