Nacemento:
Morte:
Taberneiro, labrego e político, 38 anos. Casado. Veciño de San Xoán de Carbia, Vila de Cruces. Taberneiro en Vila de Cruces.
Encarcerado. Suicidio.
Despois de producirse o golpe militar detivérono os sublevados e ingresárono na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra, o día 09/01/1937, polo delito de auxilio á rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Interno na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).
Trasladado á cadea do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra), onde ingresa o 16/05/1937. Participou no intento de fuga masiva deste penal do día 22/05/1938; prendérono forzas militares o día 23 no monte Ezkaba.
Sofre un expediente de incautación de bens en outubro de 1937.
Puxérono en liberdade o día 17/09/1940.
Pena ordinaria conmutada na comisión de exame de penas de Pontevedra pola de tres anos de prisión menor o día 12/12/1942, data na que regresa a Vila de Cruces.
No ano 1948 procesárono de novo e encarcerárono baixo a acusación de axudar á guerrilla.
Ingresárono na Prisión Provincial da Coruña, onde se suicida.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.