← Volver atrás

Carballeira Muñiz, Antonio

Alcume: Abelaira
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Paseado

Nacemento:

San Martiño de Meirás, Sada
(A Coruña)
- 01/01/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Monte Abeleira, Santa Comba de Veigue, Sada
- 12/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego, albanel e sindicalista, 26 anos. Casado con Josefa; tiñan tres fillos. Veciños de Meirás.

Militante do PCE. Tesoureiro do Sindicato de Oficios Varios de Meirás, da CNT, de 1932 a 1936. Dirixente do Ateneo de Cultura Política y Social de Sada de 1935 a 1936. Directivo do Radio Comunista de Sada. Fixo campaña a prol do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).

Fuxido. Paseado.

Cando comezou a guerra civil agochouse nos montes de Meirás con Juan-Antonio Suárez Picallo, Manuel Prego Chas, José Mosquera Rey e Gumersindo Montero Montero. A comezos de agosto de 1936 el e os dous primeiros trasladáronse á Coruña; delatáronos e capturáronos os falanxistas, torturáronos e asasináronos.

Morte rexistrada a causa de hemorraxia interna polas lesións causadas por disparos de arma de fogo.

Os cadáveres apareceron no Monte Abeleira, en Veigue.

Fusilaron no mesmo lugar a: Manuel Prego Chas, e os seus compañeiros Juan-Antonio Suárez Picallo, Antonio Carballeira Muñiz, Abelaira, e José Mosquera Rey. Antes torturáranos.

Soterrárono no cemiterio de Veigue.

Por mor destes asasinatos ábrese unha causa que se arquivou o día 21/09/1936.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha