← Volver atrás

Caso Agüero, Alberto

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista. Depurado

Nacemento:

lugar descoñecido
- 12/12/1878 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Militar, 57 anos. Veciño de Lugo. Ingresa na Academia de Infantería, en 1923 era tenente coronel e diplomado de Estado Maior.

Golpista. Depurado.

Cando se produce o golpe de Estado era coronel, xefe do Rexemento de Infantería Zaragoza nº 30 en Lugo e tamén estaba ao mando de unidades da 8ª Brigada de Artillería.

O día 20/07/1936 publicou o bando de guerra en Lugo e ordenou a detención das autoridades civís.

Tamén fixo fronte ás columnas de obreiros que se achegaran á capital provincial desde Monforte de Lemos e Sarria.

Pola súa actitude dubitativa no momento da sublevación, destituírono do seu posto o día 24/07/1936; fontes oficiais sinalaron que fora por mor dunha enfermidade. Substituíuno o tenente coronel de Infantería, comandante da Caixa de Recrutas Adolfo Velayos Valenciaga.

Ao rematar a guerra civil depurárono e dérono de baixa no Exército.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha