Nacemento:
Morte:
Propietario e político, 40 anos. Casado coa mestra María del Carmen Carbó Velilla, depurada; tiveron catro fillos: María-Eva, Esther, Alberto e María de los Remedios. Veciños de Barrantes. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (USC) pero non rematou a carreira. En decembro de 1923 nomeárono xuíz de paz en Barrantes.
Secretario de Esquerda Republicana (ER) en Ribadumia.
Exiliado.
Cando se produce o golpe de Estado e despois de evitar unha tentativa de detención no seu domicilio, logra embarcar en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) rumbo a Bos Aires (República Arxentina); de alí pasa a Francia. Volveu a Madrid, aínda no poder do Goberno republicano, para ser intervido dun cancro e regresa a Francia.
Xa moi enfermo, coa mediación da Cruz Vermella Internacional, volveu á súa casa de Barrantes en 1938 e alí morre ao pouco tempo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.