← Volver atrás

Castro Ruibal, Dolores

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

Tilve, San Vicente de Cerponzóns, Pontevedra
(Pontevedra)

Biografía

Casada co labrego e político Juan Magdalena García; tiñan cinco fillos, dos que os dous primeiros eran de anteriores relacións de Dolores. Veciños de Tilve. Juan liderou en Cerponzóns o movemento da xente do campo e presidiría a Sociedade de Labregos. O seu home tamén foi presidente da Federación Comarcal Labrega de Pontevedra no ano 1931.

Vítima colateral.

Despois do golpe militar Juan, ao comprobar que estaba a ser buscado polos golpistas, o día 07/08/1936 presentouse no Cuartel da Garda Civil. Detivérono e ingresárono na cadea a disposición do xuíz instrutor. Paseárono e apareceu morto e salvaxemente torturado no lugar da Gándara. Semella que o mataron a machadas, cortáronlle os brazos e o membro viril, que lle meteron na boca.

O cadáver de Juan apareceu nunhas silvas na Gándara.

Ao quedar viúva adicouse a cultivar a terra, comprar e vender galiñas...

Á súa familia perseguírona e moitos familiares marcharon para á República Arxentina. A irmá de Juan, Josefina, taberneira, soportou o acoso e as requisas dos gardas cívicos e dos falanxistas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha