← Volver atrás

Cebrián Albertino, Luis

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Depurado. Sancionado

Nacemento:

lugar descoñecido
- 01/01/1895 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Funcionario, 41 anos. Casou con Josefa Pérez Vázquez. Veciños da rúa do Carmen, 20, na Coruña. Garda municipal coruñés.

Vicesecretario da Liga de Inquilinos na Coruña no ano 1933 e da que fora un dos fundadores en xullo de 1932.

Militante do PSOE, secretario da Agrupación Local da Coruña.

Encarcerado. Depurado. Sancionado.

Luis figura nun informe da Dirección Xeral de Policía no que se manifesta: “Entre los elementos considerados peligrosos para el Orden Público por sus ideas y actuación han sido detenidos y luego puestos en libertad entre otros de menor inportancia, los siguientes...”.

Os franquistas acusárono de defender as ideas marxistas, de afiliación ao PSOE, de excitador e partidario de medidas de violencia e desorden e de participar de xeito activo a favor da Fronte Popular.

Encarcerárono e separárono do servizo, o día 10/12/1936, por "desafecto descarado al Movimiento, extremista, peligroso, sota (sic)".

En maio de 1941 sancionárono cunha multa de 150 pesetas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha