← Volver atrás

Cepedal Fernández, Jesús

Alcume: Cepedal
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

Ciaño, Langreo
(Principado de Asturias)
- 01/01/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Oviedo
(Principado de Asturias)
- 07/03/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mineiro, 26 anos. Veciño de Serrapio, Aller (Principado de Asturias). Solteiro. Irmán de Andrés-Avelino Cepedal Fernández, executado, Celestino Cepedal Fernández, executado, Celso Cepedal Fernández, executado, e de Manuel Cepedal Fernández, executado.

Un dos fundadores en 1931 das Xuventudes Socialistas (XXSS) en Aller e membro do Sindicato de Obreiros Mineiros, da UXT.

Estivo na cadea pola súa participación na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.

Fuxido. Executado.

Ingresou nas milicias republicanas o día 20/01/1937 e pertenceu 48º Batallón Asturias Silvino Morán, que combateu en Oviedo (Principado de Asturias). Foi comisario político da 202ª Brigada do XVII Corpo de Exército.

Foxe ao monte en 1937, despois da caída da Fronte Norte, cos seus irmáns Celestino e Celso. Os irmáns Cepedal fuxiron aos montes de Aller, formando unha das primeiras partidas antifranquistas asturianas, os Cepedales, que actuaron nos montes de Pedrafita (Lugo) e Vegarada (León).

Prendérono os franquistas ao pouco da caída asturiana.

Xulgado en consello de guerra en Oviedo o día 05/02/1938 e condenado á pena de morte.

Fusilárono os franquistas en Oviedo co seu irmán Andrés-Avelino.

Soterráronos nunha fosa común en Oviedo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha