Nacemento:
Morte:
Mariñeiro, 27 anos. Veciño da Devesa, Santa María do Xobre, A Pobra do Caramiñal. Mariño da Armada, auxiliar alumno naval.
Fuxido. Sancionado.
Foxe na primavera de 1937 na traiñeira a motor Nueva Marujita desde A Pobra do Caramiñal ata Casabranca (Marrocos).
Nesta fuga estiveron implicados os seguintes veciños da Pobra do Caramiñal: Gabriel Bazarra Fernández; Ventura Bazarra Fernández; Juan Chouza Mendoza, mariñeiro; Juan Guillán Millán, mariñeiro; Tomás Hermo González, carpinteiro; Manuel Ouviña Fernández, mariñeiro; Ramón Pardavila Noceda, mariñeiro; Antonio Romero Hermo, patrón de pesca, e Ángel Santos Fernández.
De Marrocos marcharon a Orán (Alxeria), de alí a Francia, país desde o que regresaron á zona republicana.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de adhesión á rebelión (fuxida da Nueva Marujita) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía
Sancionado co embargo dos seus bens.
Durante a guerra civil combateu coa frota republicana en varios buques co grao de cabo de mariñeiría.
Ao remate da contenda nacional marchou ao exilio e, en agosto de 1941, embarcou en Londres nun petroleiro noruegués. En xaneiro de 1942 estaba en Nova York, desde agosto dese ano loitou nunha unidade de elite do exército americano durante a II Guerra Mundial e acadou o grao de sarxento na Primeira Forza de Servizos Especiais (FSSF).
Semella que casou por dúas veces, que tivo un fillo. Regresou á Pobra do Caramiñal, onde finou.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.