← Volver atrás

Cid Fernández, José

Alcume: Rompefurnas
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

Paderne de Allariz
(Ourense)
- 01/01/1900 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Labrego, 36 anos. Casado. Veciños de Paderne de Allariz.

Membro da UXT e organizador da Sociedade Agraria de Paderne de Allariz. Secretario da Agrupación Socialista (AS) de Paderne de Allariz. Alcalde da súa localidade polo PSOE desde febreiro de 1936.

Exiliado. Encarcerado.

Cando se produce o golpe rebelde achábase na sega en Castela cos seus irmáns Lisardo e Antonio e outros veciños da zona.

Formou nas filas republicanas en Madrid no 4º Batallón de Milicias Populares Galegas, logo integrado na 1ª Brigada, 11ª División do V Corpo de Exército do Exército do Centro, V Rexemento de Aceiro, combatendo en diferentes frontes da guerra civil. Foi comisario político do 3º Batallón El Socialista da 112ª Brigada.

Ao rematar a contenda pasou a Francia onde o ingresaron en campos de refuxiados.

Procesárono por responsabilidades políticas en Ourense e indultárono no ano 1958.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha