Nacemento:
Morte:
Camareiro e sindicalista, 36 anos. Casou con Elena Matos Torres en febreiro de 1934; tiveron dúas fillas: Aurora e Esther. Veciños da rúa Oliva, 39, en Pontevedra. Emigrado na República Arxentina, onde comezou a súa andadura sindicalista. Regresou a Pontevedra no ano 1927.
Anarquista. Secretario e, logo, presidente da Sociedade de Camareiros. Membro fundador da Sociedade Obreira de Cultura, da Federación Local de Traballadores da CNT e do xornal Revolución.
Por mor do control que sobre estas organizacións tiña o PCE, deixounas e ingresou na Sociedade de Camareiros do Comité Rexional Galaico (CRG) da CNT.
No ano 1933 participou na creación da Federación Anarquista Ibérica (FAI) con Francisco Iturralde Cabeza de Vaca, funcionario de telégrafos.
Detido durante a folga xeral revolucionario de outubro de 1934 e xulgado en novembro co resultado de sentenza de sobresemento provisorio.
Fuxido. Encarcerado.
Despois do golpe de Estado, no Nadal de 1937, foxe a Portugal con Ubaldo López Rodríguez pero prendeunos a policía portuguesa por mor da delación dun veciño de Santa Cristina de Lavadores, Vigo (Pontevedra).
Xulgado en consello de guerra en Vigo polo delito de rebelión militar, na causa 1558/38, co resultado de sentenza á pena de morte.
Pena de morte conmutada pola comisión de exame de penas de Pontevedra pola de cadea perpetua.
Despois de pasar por varios penais, como as minas de Fontao, Vila de Cruces (Pontevedra).
Interno no Destacamento Penal das minas de volframio de Silleda (Pontevedra), publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 285 do día 12/10/1943.
Retomou o contacto co CRG na clandestinidade.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.