← Volver atrás

Costas Fernández, Emilio

Alcume: Platillero
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Redondela
(Pontevedra)
- 01/01/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Monte Aloia, Tui
(Pontevedra)
- 26/07/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Panadeiro, 22 anos. Veciño de San Xoán de Paramos, Tui. Membro dunha familia de militantes confederais, o seu pai, Antonio Costas, e aos seus irmáns Alejandro Costas Fernández e José Costas Fernández, tamén os asasinaron os fascistas.

Militante da Federación Anarquista Ibérica (FAI). Secretario do Sindicato da Alimentación en Tui e Vigo, da CNT.

Colaborador do xornal Mar y Tierra.

Prendido despois da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Cando os militares sublevados tentaron a toma de Tui combateunos e logo fuxiu ao monte Aloia, na Serra do Galiñeiro.

Froito dun enfrontamento coas columnas do exército rebelde, prenderon e fusilaron a: Joaquín Azurmendi Alonso, mestre armeiro; os irmáns Emilio Costas Fernández panadeiro, e José Costas Fernández e Antonio Fernández Seoane, xastre.

Morte en “combate con las fuerzas del Ejército”.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha