Nacemento:
Morte:
Funcionario, 65 anos. Casou cara 1895 coa cigarreira Dolores Rodríguez López. Veciños da rúa Castiñeiras de Abaixo, 34-2º D, na Coruña. Orfo de nai aos seis anos. Foi ferreiro e mariñeiro. Chofer da Beneficencia Municipal coruñesa.
A primeiros do século XX foi un dos principais representantes do anarcosindicalismo; sofre varias detencións, pasou pola cadea e participou en moitos movementos anarquistas.
Un dos fundadores do Centro de Estudos Sociais Germinal.
En 1918 era presidente do Sindicato de Oficios Varios da Federación Local Obreira (FLO) da Coruña, da CNT, e apoiou a súa unificación coa UXT. En 1919 deportárono a Baltanás (Palencia). En 1925 era secretario xeral da CNT en Galicia.
No ano 1931 presidía o Sindicato de Obreiros Municipais La Aurora.
Co tempo pasou a militar en Esquerda Republicana (ER).
Encarcerado.
No momento do golpe de Estado participou nas loitas nas rúas coruñesas contra dos golpistas. Logo agochouse e prendérono os franquistas no ano 1937.
Xulgado en consello de guerra na Coruña o día 04/09/1937 polo delito de rebelión, na causa 956/37, co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña, puxérono en liberdade no ano 1941. Desde este último ano pérdese o seu rastro.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.