← Volver atrás

Curiel Curiel, Eugenio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado. Desaparecido

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 03/10/1904 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Villadangos del Páramo
(León)
- 27/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado, profesor e político, 31 anos. Veciño de Valladolid. Irmán maior de Luis Curiel Curiel, procesado. No ano 1911 a familia trasladouse a Baltanás (Palencia)e, en 1917, a Valladolid. Licenciado en Dereito (en 1926) e en Filosofía e Letras (en 1928) pola Universidade de Valladolid. Destinado no Instituto de Astorga (León) do que o nomearon director do ano 1933 ao ano 1936.

En 1929 pertencía ao Partido Republicano Radical Socialista (PRRS), sendo concelleiro de Valladolid en 1931. Militante de Esquerda Republicana (ER).

Paseado. Desaparecido.

Despois do movemento militar sedicioso trasladouse a Vigo (Pontevedra) para apoiar ao seu irmán Luis na causa militar aberta contra el. Sobresido o procedemento contra o seu irmán volveu a Astorga.

Prendérono o día 18/09/1936 e trasladárono á prisión de San Marcos de León o día 20.

Os fascistas sacárono da prisión de León o día 27 de outubro, con outras persoas, coa desculpa dun traslado. Morre fusilado e desaparece nun traslado na estrada Astorga-León, en Villadangos del Páramo.

Procesárono por responsabilidades políticas en Valladolid no ano 1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha