← Volver atrás

Diéguez Gago, Domingo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

A Pobra de Trives
(Ourense)
- 01/01/1919 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Barbeiro, 17 anos. Veciño da Pobra de Trives. Irmán de Luis Diéguez Gago, que correu a súa mesma sorte.

Militante do PCE en Trives e Xixón (Principado de Asturias); das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU).

Fuxido.

Despois do golpe de Estado prendérono; mobilizárono os golpistas cando o puxeron en liberdade.

Pertenceu á 9ª Compañía da 3ª Bandeira da Lexión do exército rebelde e, cando se achaba na fronte asturiana, evadiuse o día 05/04/1937 cara a zona republicana co seu irmán Luis. Xa no Exército Popular da República, destinárono como miliciano ao Batallón Asturias e ao Batallón Espartaco.

Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de auxilio á rebelión, na causa 1201/37, co resultado de ser declarado fuxido en en rebeldía.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha