← Volver atrás

Digón García, Luis

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Os Prados, Santiago de Cereixedo, Cervantes
(Lugo)
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Estudante, 24 anos. Solteiro. Veciño dos Prados.

Concelleiro e tenente de alcalde pola Fronte Popular (FP) en Cervantes.

Encarcerado.

Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 08/06/1939.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de auxilio á rebelión, na causa 1211/37, co resultado de sentenza de sobresemento definitivo. Xuízo desenvolto contra varios veciños de Cervantes.

Condenaron á pena de morte a Manuel Gómez Santín (conmutada pola de cadea perpetua); 20 anos de cadea para: Emilio Fernández Santín e Eladio Pereira Fernández; penas de 15 anos a: Manuel Fernández Gallardo, Rudesindo Fernández González e Manuel Gómez Núñez; castigaron a 12 anos a Baldomero Santín Gómez. A sentenza ditou auto de sobresemento definitivo para Luis Digón García, e de absolución para Rudesindo Fernández Santín. Declararon fuxidos a: Victorino Fernández Digón e Abelardo Gutiérrez Digón.

Trasladado á Prisión Provincial da Coruña o 27/04/1940.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha