← Volver atrás

Domínguez Pacheco, Dolores

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Denigrada. Sancionada

Nacemento:

A Guarda
(Pontevedra)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Comerciante. Casada co futbolista, impresor e político Juan Noya Gil; tiveron tres fillos e dúas fillas: Luis, Rodolfo, Óscar, Olga e Violeta. Veciños da Guarda (Pontevedra). Cuñada de Manuel Noya Gil, paseado.

O seu home sería un dos fundadores da Sociedade Obreira da Guarda, na que exerceu de secretario; tamén creou o semanario Nuevo Heraldo, onde defendeu o agrarismo e no ano 1934 montou unha imprenta, onde se imprimía La Zarpa.

Denigrada. Sancionada.

Durante a II República Juan formou parte da Comisión xestora municipal da Guarda; cando militaba no Partido Galeguista (PG) foi tenente de alcalde en 1936.

Despois do golpe militar Juan fuxiu e agochouse en casas de amigos pero capturárono os fascistas, xulgárono e condenárono á pena de morte, pena que lle conmutaron logo pola de cadea perpetua.

A Dolores detivérona, humillárona e sancionárona.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha