← Volver atrás

Dopazo Rodríguez, Francisco

Alcume: Protasio
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

Santa Lucía de Rairo, Ourense
(Ourense)
- 31/10/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Rairo
- 04/11/1980 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro e político, 33 anos. Compañeiro de María-Dolores Villamarín Otero, exiliada. Veciños de Rairo.

Presidente do Sindicato da Madeira da Casa do Pobo de Ourense. Concelleiro de Amoeiro (Ourense) polo PSOE de 1931 a 1936. Deputado provincial de Ourense polo PCE do día 21/03/1936 ao 20/07/1936.

Fuxido. Exiliado. Encarcerado.

Cando se produce o golpe militar e despois dos paseos que se estaban a producir, agochouse detrás dunha parede na casa da súa compañeira María-Dolores; máis tarde acubillouse en minas e pozos secos. Coa axuda duns barqueiros amigos da súa compañeira, no mes de xuño de 1937 cruza a Portugal con Alfonso Pazos Cid e o xuíz de Amoeiro.

Logo duns meses en Portugal detivéronos, pasaron dous meses no cárcere e acabaron por envialos en barco cara Francia pero decidiron desembarcar en Barcelona e uníronse ás forzas republicanas. Tras da caída de Cataluña pasaron a Francia.

A Francisco confinárono no campo de Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia). Cando se produce a invasión alemá de Francia, volveu a esconderse e ao remate da II Guerra Mundial estableceuse no país galo. Adicouse á construción de presas para producir electricidade.

O día 05/10/1967 casou en Toulouse (Occitania, Francia) con María-Dolores Villamarín.

Regresaron á súa casa de Rairo no ano 1968.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha