← Volver atrás

Durán Ojea, Emilio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Ribas de Sil
(Lugo)
- 01/01/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Carpinteiro e político, 37 anos. Casado con Ángela Casar González; tiveron cinco fillos. Veciños de Ribas de Sil.

Vogal e vicepresidente da Agrupación Socialista Agraria (ASA) de San Clodio de Ribas de Sil nos anos 1931 e 1933. Presidente da Asociación Socialista de Oficios Varios Fraternidad y Trabajo de San Clodio.

Detivérono o día 06/10/1934 por mor da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 e internárono no cárcere de Monforte de Lemos (Lugo) ata o 10/12/1934.

Delegado da Casa do Pobo na súa localidade. Participou en varios mitins dos socialistas.

Fuxido. Encarcerado.

Logo do movemento golpista agochouse na casa da súa sogra e presentouse ás autoridades franquistas en febreiro de 1940; prendérono sen procesamento xudicial para o trámite de dilixencias previas, que foron arquivadas.

Ingresárono na Prisión Provincial de Lugo o día 13/04/1940.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Lugo, na causa 197/40, co resultado de posta en liberdade segundo resolución do día 02/03/1940.

Deixárono en liberdade o día 10/08/1940.

Abríronlle un expediente no ano 1940 en Lugo por responsabilidades políticas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha