← Volver atrás

Elola Díaz-Varela, Francisco-Javier

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado. Sancionado

Nacemento:

Monforte de Lemos
(Lugo)
- 22/09/1877 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Barcelona
- 12/05/1939 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado, xurista, fiscal e político, 58 anos. Casado. Veciño de Barcelona. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e licenciouse no ano 1903.

Ingresou na carreira xudicial, por oposición, no ano 1905, sendo un xuíz progresista dentro dun mundo absolutamente conservador. Desenvolveu a xudicatura no Principado de Asturias, Galicia, Cataluña, León e Madrid.

Nomeárono Fiscal Xeral da República o día 13/05/1931, cargo que deixou para ser maxistrado do Tribunal Supremo tamén en xullo de 1931.

Militante do Partido Republicano Radical (PRR), foi deputado nas Cortes Constituíntes por Lugo no ano 1931. Por diferencias políticas non se presentou á reelección en 1933.

Executado. Sancionado.

Cando se produce o golpe de Estado designárono presidente da Sala III do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo e sería o instrutor da causa contra os militares golpistas, proceso no que gardou todas as formalidades procesuais, o que lle custou moitos enfrontamentos.

Trasladouse co Goberno a Valencia e despois a Barcelona.

Achábase en Barcelona desde outubro de 1938 e cando os sublevados se achegaron para tomar a cidade non quixo abandonala, na crenza de que non tiña cometido ningún delito e nada lle ía pasar. Prendérono os sediciosos en febreiro de 1939.

Xulgado en consello de guerra en Barcelona o día 26/02/1939 polo delito de rebelión (“por actuar como juez especial contra los verdaderos españoles”), na causa 8/39, co resultado de sentenza á pena de morte.

Executado no Camp de la Bota, en Barcelona, e soterrado no cemiterio de Montjuic, Barcelona.

Fusilado co xeneral e xurista Fernando-José-Bartolomé Berenguer de las Cagigas.

Soterrárono nunha fosa común en Barcelona.

Posteriormente á súa execución ábreselle un expediente de responsabilidades políticas co resultado de incautación de todos os seus bens.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha