← Volver atrás

Félix Lorenzo, Florencio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Santa María de Xares, A Veiga
(Ourense)
- 01/01/1894 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Labrego, 42 anos. Casado, sen fillos. Veciños de Santa María de Xares.

Tesoureiro da Sociedade Labrega de Xares, da UXT.

Encarcerado.

Participou na defensa da súa localidade fronte aos sublevados e foi miliciano republicano; co tempo presentouse ás novas autoridades franquistas.

As milicias de Falanxe conducírono á Prisión Central de Celanova (Ourense) o día 31/12/1937 e, o 15/02/1938, trasladárono á Prisión Habilitada do Cumial, en Ourense.

Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de auxilio á rebelión, na causa 900/38, co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión.

Trasladárono á Prisión Provincial de Lugo o día 29/10/1940.

Enviado ao campo de concentración da praia de Arnao, Figueras, Castropol (Principado de Asturias) o día 03/12/1940.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Ourense pola de dous anos, catro meses e un día de reclusión menor.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1958.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha