← Volver atrás

Fernández Alonso, Jaime

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Nonide, Santa Eulalia de Oscos, Castropol
(Principado de Asturias)
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lugo
(Lugo)
- 27/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego, 27 anos. Casado con Carmen Pérez; tiñan unha filla, Rosario, de tres meses. Veciños de Nonide.

Executado.

Prendérono os franquistas e acusárono, de xeito presunto, da voadura da ponte de Mazonovo, entre Vegadeo (Princiapado de Asturias) e A Fonsagrada (Lugo).

Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 20/08/1936.

Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 22/08/1936 polo delito de rebelión, na causa 596/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Proceso contra varios asturianos e cos seguintes resultados de condenas de pena de morte para: Jaime Fernández Alonso e Antonio Freije Freije; penas de cadea perpetua para: Facundo Alonso Méndez, Antonio Álvarez Trelles e Laureano López Arango.

Morte rexistrada en Lugo, ás 06:00 h, por fusilamento.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha