← Volver atrás

Fernández Arroyo, Eliseo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Ribas de Sil
(Lugo)
- 01/01/1893 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Ferreiro, 43 anos. Casado con Remedios Núñez Vázquez; tiñan un fillo e unha filla: Benito e Josefa. Veciños de San Clodio de Ribas de Sil, Ribas de Sil.

Concelleiro de Ribas de Sil no ano 1931 polo PSOE. Militante da UXT.

Encarcerado.

Ingresado no depósito de Quiroga (Lugo) o día 16/07/1937, despois estivo no cárcere de Monforte de Lemos (Lugo) e, por último, trasladárono á Prisión Provincial de Lugo.

Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 20/10/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 1013/37, co resultado de sentenza a cadea perpetua segundo resolución do día 28/10/1937. Proceso contra varios veciños de Ribas de Sil.

Neste xuízo condenaron a cadea perpetua a: Eliseo Fernández Arroyo e a Manuel Rodríguez Losada, e a 15 anos de prisión a Antonio Fernández Quiroga e a Luis Gómez Rodríguez.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo e concédeselle a prisión atenuada o día 23/08/1940.

Procesárono en Lugo por responsabilidades políticas e sancionárono.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha